Imagen de cubierta local
Imagen de cubierta local

Associacionismo e cidadanía : unha análise do movemento asociativo-cultural na provincia da Coruña / Pablo Á. Meira Cartea e Pablo Montero Souto (coords.)

Colaborador(es): Series Documentos da culturaDetalles de publicación: A Coruña : Deputación Provincial da Coruña, DL 2008Descripción: [255] pISBN:
  • 9788498120844
Resumen: Nesta tesitura, é preciso situar a análise do estado do asociacionismo en xeral, e do asociacionismo cultural en particular, como unha oportunidade para aproximarnos ao coñecemento dos modos en que a sociedade civil organizada está a redefinir a creación de capital social e cultural no seo desta nova conxuntura social. A priori, non observamos que o asociacionismo cultural local na provincia da Coruña poida presentar particularidades notorias con respecto ao asociacionismo cultural noutros niveis oo ámbitos territoriais. Con todo, a súa análise é relevante, polo menos desde tres puntos de vista. Por un lado, para constatar o estado deste sector asociativo e comparalo, na medida do posible, con situacións anteriores e con outras realidades xeográficas. Doutro, para servir de referencia empírica ao deseño de políticas públicas encamiñadas á súa promoción e apoio,tanto desde os municipios e as súas agrupacións como desde outros niveis da Administración. Por último, tamén pode ser de interese para o propio movemento asociativo ter unha aliada que sirva para dimensionar, máis aló das intuicións e das experiencias particulares, o seu estado colectivo. Neste sentido, esperamos que o informe sobre o estado do sector e as reflexións teóricas que o acompañan e complementan, sirvan para potenciar unha cultura estratéxica que se nos antolla imprescindible para navegar nos novas escenarios globais. O estudo estrutúrase grosso modo en dúas partes ben definidas. A primeira recolle o estudo empírico realizado no bienio 2005-2006 a partir dun cuestionario aplicado a unha mostra significativa de asociacións culturais da provincia da Coruña. A segunda agrupa a unha serie de ensaios temáticos que reflicten transversalmente sobre o fenómeno asociativo-cultural desde distintas perspectivas. Pensamos que, en conxunto, a súa lectura suscitará inquedanzas e puntos de reflexión, tanto para os dinamizadores e integrantes do movemento asociativo estudado, como para quen ten responsabilidades técnicas e políticas relacionadas con este sector. Con este traballo o equipo interea dá continuidade ao labor de investigación que vén realizando sobre a realidade educativa e cultural municipal da provincia da Coruña desde o ano 2001, a o abeiro dos sucesivos convenios de colaboración subscritos entre a Deputación da Coruña e as Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. É, coma todos os traballos anteriores, o resultado dun quefacer colectivo no que concorren tanto profesorado e persoal investigador das universidades citadas, como profesionais do eido sociocultural que desenvolven o seu labor nos municipios coruñeses, incorporando nesta ocasión o necesario protagonismo que as asociacións culturais e os seus representantes están chamados a adquirir nas políticas locais. Queda, en todo caso, agradecer ás asociacións participantes no estudo a súa xenerosa e imprescindible achega. (Font: Introducció)
Valoración
    Valoración media: 0.0 (0 votos)
Existencias
Tipo de ítem Biblioteca actual Colección Signatura topográfica Copia número Estado Fecha de vencimiento Código de barras
Libro Libro Centre d' Informació i Documentació del CERC Sala General S 02508 1 Disponible (Disponible) 1900148465

Índice de representacións gráficas -- Índice de táboas -- Limiar -- Introdución. O asociacionismo como tema de estudo e indagación social / José Antonio Caride Gómez -- I. O asociacionismo cultural na provincia da Coruña. Estudo empírico / Pablo Montero Souto, Pablo Á. Meira Cartea -- II. Ensaios sobre asociacionismo e participación cidadá en contextos locais / Varios autores -- Referencias documentais -- Apéndices: 1. Ficha técnica-descriptiva de asociacións ; 2. Cuestionario para asociacións

No hay comentarios en este titulo.

para colocar un comentario.

Haga clic en una imagen para verla en el visor de imágenes

Imagen de cubierta local

Con tecnología Koha